lunes, 22 de junio de 2020

Probas de setembro 2020

Non sei se vos dades conta de que co sistema de avaliación que empregamos na E. Física podedes beneficiarvos da compensación entre as actitudes na clase, a teoría e a parte puramente práctica. Así se valoran os vosos puntos fortes e se minimizan os febles.

Este ano só hai dous suspensos con toda a área en 2º e en 3º da ESO

A data do exame de setembro é o xoves 3 ás 10:30h

As probas que se van pedir en 2º da ESO son:

- Exame teórico oral sobre as unidades traballadas que foron este ano especial:

       Condición Física.
       Actividades ximnásticas e acrobacias.
       Fútbol sala

- Probas físicas: 

1º. Execución de catro tipos  de abdominais e tres tipos de flexións no chan, explicando como se fan correctamente dende o punto de vista da saúde. 

2º. Facer catro tipos de exercicios de flexiblidade explicando os músculos que se estiran e a súa execución con corrección técnica.

3º. Facer volteos adiante e atrás con corrección técnica en colchoneta quitamedos.

4º. Executar técnicas de condución, control e golpeo de balón en fútbol sala. explicando as superficies de golpeo e a súa utilidade.



As probas que se van pedir en 3º da ESO son:

- Exame teórico oral sobre as unidades traballadas que foron este ano especial:

       Condición Física e primeiros auxilios.
       Actividades ximnásticas e acrobacias.
       Voleibol.


- Probas físicas: 

1º. Execución de catro tipos  de abdominais e tres tipos de flexións no chan, explicando como se fan correctamente dende o punto de vista da saúde. 

2º. Facer catro tipos de exercicios de flexiblidade explicando os músculos que se estiran e a súa execución con corrección técnica.

3º. Explicar catro actuacións de primeiros auxilios relacionadas coa actividade física ou a vida cotiá. Utilidade e accións a executar.

4º. Realizar 10 toques de dedos consecutivos en Volei, con corrección técnica.

5º. Executar volteos adiante e atrás e dous saltos básicos en minitramp.

Bon verán e nos vemos á volta das vacacións. Unha aperta virtual.

No hay comentarios:

Publicar un comentario