lunes, 8 de febrero de 2021

Normas para a Educación Física non presencial.

 Ola a todas e todos. 

Escribo esta entrada para lembrarvos o que tedes que facer en caso de ter que estar confinados na casa.

1º. Volveremos  facer as probas e retos do primeiro trimestre. Debedes telas anotadas nos cadernos e tamén están publicadas neste blog.


2º. Anotaredes no caderno todas as actividades que vaiades facendo día a día.


3º. Teredes que estar atentos ó blog e á aula virtual porque teredes que conectarvos ás clases por videoconferencia enlazadas na propia aula virtual.


Estade activos, alimentádevos ben e descansade pola noite. Fundamental durmir ben para a saúde mental...

Ánimo...Un saúdo para todos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario