miércoles, 16 de junio de 2021

Rafting 2021

Un ano máis facemos esta actividade acuática saíndo dende o colexio e rematando no malecón de O Barco.

Os días 8 e 9 de xuño alumnas e alumnos de 1º,2º e 3º da ESO baixamos polo noso mítico Río Sil . Cada ano o coñecemos un pouco máis:

- A súa fauna. Garzas, aves rapaces, peixes, merlos acuáticos...

-A vexetación da ribeira. 

- A paisaxe do val.

Tamén imos aprendendo as técnicas de progresión e seguridade en correntes e augas vivas....A nadar con seguridade, a remar. O traballo en equipo, o esforzo, a diversión.

Estas actividades aportannos unha chea de cousas positivas e experiencias que non esqueceremos.

Aproveito para agradecer a Iván, o noso guía, por permitirnos facer esta actividade e dinamizala tan ben, transmitíndonos toda a súa sabiduría. Voltaremos.

Enlazo o vídeo das xornadas que editei coas fotos e grabacións que fomos facendo. Espero que vos guste..




No hay comentarios:

Publicar un comentario