miércoles, 8 de marzo de 2023

Esquí na Estación de Montaña de Manzaneda

 O pasado xoves 2 de marzo fixemos unha nova actividade na natureza. Neste caso desprazámonos ó Concello de A Pobra de Trives para iniciarnos no deporte do esquí alpino.

A pesar da cada vez menor cantidade de neve que cubre as nosas montañas, fumos quen de elexir o día perfecto: sol e neve, despois dunha longa tempada de anticiclón con frío e tempo estable.

Este ano xuntámonos un grupo moi grande de esquiadores; máis de 30. Tanto da ESO como de 5º e 6º de primaria. Como acompañantes fomos Sabrina, Berta, David e Miguel.

Ás nove saimos dende o colexio, ás 10:30 estabamos chegando a Manzaneda, e ás 11:30 listos para facer a subida ás pistas de esquí no "telesilla".

Empezamos aprendendo cos monitores os primeiros pasos, nun tempo que resultou escaso. Despois tentamos facer esquí libre, dirixido polos profesores acompañantes, xantamos e rematamos con máis esquí ata o peche da estación.















Ó final do día a fatiga e a ledicia eran as sensacións coas que voltamos no autobús de volta ó colexio.

E xa só nos queda pensar en cando será o vindeiro día no que poidamos repetir unha actividade tan fermosa.....

No hay comentarios:

Publicar un comentario