miércoles, 7 de octubre de 2020

Benvida ó curso 2020/21

 Ola a todas e todos. 

Estamos dende hai varias semanas traballando no colexio moi intensamente para retomar as clases de xeito seguro.

De momento o estamos facendo bastante ben, aplicando as novas rutinas relacionadas coa COVID-19 de xeito máis que aceptable.

Non sei se vos dades conta da sorte que temos no noso colexio de ser poucos compañeiros, de ter grandes espazos e bos materiais, para poder estar seguros e ter unhas dinámicas de traballo máis "normais" dentro do que cabe.

Quería nesta benvida agradecervos o voso esforzo e pedirvos que sigamos así para evitar contaxios entre todos nós e nas vosas familias.

Na Educación Física tivemos que facer moitos cambios para adaptarnos á nova situación e as clases están rodando bastante ben. Esperemos seguir así, e mesmo mellorar.


ÁNIMO E FORZA COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS, QUE PODEMOS SEGUIR ADIANTE....


E LEMBRADE:


- CHEQUEO DIARIO.


- SEGURIDADE: DISTANCIA, MÁSCARA, VENTILACIÓN....HIXENE


- BOA ALIMENTACIÓN, ACTIVIDADE FÍSICA E DESCANSO.


UNHA APERTA VIRTUAL....

No hay comentarios:

Publicar un comentario