miércoles, 14 de octubre de 2020

Que facer en caso de confinamento

Bo día compañeiros e compañeiras.

Pódese dar o caso ó longo deste curso de que algún de nós teña que quedar na casa en corentena debido á COVID 19 ou mesmo todos.

Nese caso algo teremos que facer na E. Física dentro das posibilidades que temos na casa.

Neste inicio de curso estamos traballando no noso ximnasio para prepararnos para iso.

Nesta entrada quero deixar por escrito o que teríamos que facer no caso de non poder vir ó colexio por enfermidade derivada da COVID 19. 

. Entramos neste BLOG de E.F.

. Buscamos as entradas recollidas coa etiqueta de estado de alarma que fan referencia ó que estamos traballando:

- Preparación física.

- Retos físicos.

- Retos técnicos.

- Malabares.

- Hip hop.....


. Poño en práctica  estas actividades, seguindo o plan de preparación física que estamos seguindo nas clases e que temos recollido nos nosos cadernos e practicando as habilidades de acrobacia, malabares e hip hop.

. Anoto no meu caderno un diario da actividade que vou facendo, recollendo a data e unha descrición do que fixen.

5º. Estou atento ás novas entradas do BLOG e a aula virtual de E.Física por si hai novas indicacións a seguir...


E isto é o que se pide. de momento. Logo haberá que amosar o nivel de dominio de cada unha desas habilidades. Ou sexa que ánimo. A practicar.




No hay comentarios:

Publicar un comentario